Pozo do Pego e canón do río Ulla

Descubre ...

Situado a menos de 30 km da cidade de Santiago de Compostela atópase Touro, o enclave perfecto para perderse nas súas paraxes naturais, relaxarse e coñecer o seu patrimonio.
A auga ten un papel protagonista no entorno e na súa paisaxe; fervenzas e ríos discorren polo concello co río Ulla e os bosques atlánticos de ribeira  como principais atractivos.
Touro é historia. Podémonos atopar restos conservados de época megalítica e seguir as pegadas das distintas sociedades ao longo dos séculos. O castro de San Sebastián e o campamento romano do Castrillón, un dos únicos do noroeste peninsular, conforman unha paisaxe arqueolóxica de enorme interese.
A historia do concello tamén é tradición Xacobea EuroVelo 3 “Ruta dos Peregrinos, que segue principalmente as pegadas do trazado do Camiño Francés, é utilizada por cicloturistas e peregrinos de toda Europa no seu camiño a Compostela.
Visítanos e descobre ...