Eurovelo3

VISITA TOURO EN BICI

QUE É EUROVELO? EuroVelo é a Rede de Rutas Ciclistas Europeos, desenvolvida e coordinada pola Federación Ciclista Europea EFC composta por 17 roteiros de longa distancia que atravesan e conectan todo o continente europeo.

Touro sitúase na última etapa do Roteiro dos Peregrinos no seu Camiño a Compostela.

 

Explora Touro 5 Experiencias imprescindibles


1 Estancia Única

Hospédate nun Pazo do século XVII ou en cabanas no bosque. Descobre a ampla oferta de restauración e aloxamento.

 

2 Tesouro Cultural

Fai unha parada no hórreo de Outeiro. Recoñecido como Ben de Interese Cultural.

 

 

3 Vistas Impresionantes

Visita o miradoiro do Coto San Sebastián co seu castro e as vistas do campamento romano de O Castrillón.

 

4 Naturaleza en Estado Puro

Asómbrate da Fervenza do Batán e da carballeira centenaria de Brandelos coa súa fonte de augas mineiro-medicinais.

 

5 Terra e agua

Para os mais intrépidos, explora el río Ulla uno dos máis importantes de Galicia e mergúllache nun autentico bosque autóctono atlántico visitando a fermosa paraxe do Pozo do Pego.

 

Dentro da EV3-PR3, na última etapa, na Sección 19 entre Melide e Santiago de Compostela, é na que nos esperan os 66 quilómetros máis marabillosos, encanto alcanzaremos a poboación de Arzúa, unha das máis coñecidas capitais do queixo de Galicia, e a través do coñecido “Ruta do Holandés”, accedendo pola estrada comarcal AC-240, pasaremos por Touro e Boqueixón para dar finalmente a benvida á Catedral de Santiago de Compostela, onde poderás continuar ata Fisterra.

Tamén che pode interesar organizar as etapas do o teu Camiño de Santiago como ti prefiras:

Día 1 Etapa  O Cebreiro – Sarria → 58 km / 6-7 h.
O día 2 Etapa Sarria – Palas de Rei → 53 km / 5-6 h
O día 3 Etapa Palas de Rei – Touro → 51 km / 5-6 h,

E o teu último día en TOURO.

Aproveita para coñecer outros recunchos deste tramo percorrendo con tranquilidade tan só 33 km e gozar dunha mañá en Santiago de Compostela, etapa Touro – Santiago de Compostela → 33 km / 3-4 h.

 

 

Coñece o patrimonio mentres percorres EuroVelo3

O CAMIÑO DO HOLANDÉS Atrevesa o concello de Touro de nordés a suroeste pola estrada comarcal AC-240.
O seu trazado pasa polas parroquias de Beseño – Quión – Andeade – Touro – Loxo – Prevediños.
Descargas
          Descargar

Ofrece a perfecta combinación de patrimonio natural e cultural . No seu percorrido pódense realizar numerosas paradas para desfrutar de especiais mostras de arquitectura relixiosa (igrexas, capelas, ermidas e cruceiros), civil e popular (pazos, hórreos, muíños, pombais ou lavadoiros); ou deterse nos espazos naturais. Carballeiras, sendeiros, fervenzas e áreas recreativas á beira do río ofrecen un lugar privilexiado para o descanso do camiñante.