Touro é Camiño: Camiño do Holandés

 

A peregrinaxe a Santiago de Compostela polo Camiño Francés ofrece a posibilidade, unha vez chegados ao termo de Arzúa, de coller unha variante polo concello de Touro, a coñecida como O Camiño do Holandés.

Este camiño é tradicionalmente seguido por peregrinos de orixe belga, alemán e demais países do norte de Europa, aínda que nos últimos tempos a diversificación de nacionalidades vai en aumento.
O Camiño do Holandés comeza no concello de Arzúa, concretamente no desvío da N-547 en Rourís (Burres) dirección Touro, a dous quilómetros do tramo do Camiño Francés, e durante uns escasos trinta quilómetros transcurre pola estrada comarcal AC-240 que une Burres con Ponte Ulla.

No seu trazado conta con dúas opcións cara Santiago. Na primeira, ao chegar ao termo de Prevediños, cóllese para Corneda cara a Gastrar; e na segunda continúase ata o chamado empalme de Vilar, en San Miguel de Vilar.

No seu percorrido, os peregrinos, ademais de gozar da tranquilidade que lles ofrece este itinerario e a súa incrible beleza paisaxística, poden aproveitar para facer un alto no camiño e coñecer un pouco do patrimonio do concello de Touro. Natureza, etnografía ou gastronomía xunto a unha interesante mostra de patrimonio relixioso, con igrexas, capelas, ermidas, etc., constitúen unha boa escusa para deixarse seducir pola gran riqueza destas terras.

Non esquezas selar a túa credencial nas dependencias do concello e deixar a túa pegada no Rexistro Oficial do Peregrino.

Algúns dos recursos patrimoniais do concello de Touro dos que gozar no Camiño do Holandés son:

 

BESEÑO

QUIÓN

TOURO

LOXO

ENQUERENTES

PREVEDIÑOS

VILAR

 

Ademais, en canto a equipamento hostaleiro, o concello de Touro dispón dun amplo abanico de bares e restaurantes donde repoñer forzas, así mesmo conta con aloxamentos de turismo rural, tendas, farmacia e todo o que se poida necesitar para terminar o camiño con éxito.
Ultreia!

 

Touro e a lenda da Raíña Lupa na traslación do corpo do Apóstolo

 

Folleto Camiño do Holandés
 foto camino holandes