I Xornadas do Camiño do Holandés-EuroVelo 3

A programación do concello de Touro sempre ligada ao goce dos seus diferentes roteiros, en novembro achéganos con especial interese ao Camiño, coa celebración das I XORNADAS DO CAMIÑO DO HOLANDÉS-EUROVELO 3.

E é que á actual experiencia ciclista, ben sexa polos diferentes Camiños de Santiago ou polas rutas de sendeirismo de cada un dos concellos, incorporaráselle máis pronto que tarde, un novo produto turístico, os roteiros de longo percorrido.

Unhas xornadas de traballo para converter O CAMIÑO e o ROTEIRO EV3 – PR no eixo de desenvolvemento dos territorios polo que transcorre, con dúas mesas de debate: O Camiño de Santiago e o Desenvolvemento Rural e EuroVelo. Outras modalidades de Turismo.

As Saídas iniciáticas cos máis novos ao Centro de Interpretación do Pico Sacro, o Castro da Moura e Brandelos. O Xantar peregrino xunto ao mesmísimo ATANASIO e a Gran Proba da Orde das Donas e Cabaleiros do Camiño do Holandés coa súa Alforxa das Recompensas porán o punto e seguido desta INICIACIÓN.

 

XORNADAS Data : 15 de novembro de 2019

Hora: Desde as 10 h

Lugar: Casa da Cultura

ACTIVIDADES 19 de novembro SAÍDAS INICIÁTICAS

XANTAR PEREGRINO

21 de novembro A GRAN PROBA
24 de novembro I QUEDADA PEDALADAS POLO CAMIÑO