MÚSICA NO CAMIÑO DO HOLANDÉS-EUROVELO

Os tempos son chegados!

O Camiño do Holandés e a EuroVelo 3, máis coñecida como Roteiro das Peregrinacións, trocarán o seu habitual ritmo de pedaladas por outro moito máis festeiro, o da Música Tradicional.

A Pinguela de Bama, As Nenas do Sapo Dourado, Os da Porfía e Tanto Nos Ten, farannos gozar a todos, tanto á veciñanza como aos visitantes, peregrinos todos desta gran noite do Camiño no Campo da Festa de Fonte Díaz.

Data: Sábado, 27 de xullo de 2019

Hora: Desde as 21 h

Lugar: Campo da Festa. Fonte Díaz-Touro