Campamentos de Verán 2018

Como tódolos anos dende o concello solicitamos á Xunta de Galicia a participación nos campamentos de verán. A espera de que nos vindeiros días recibamos resolución, abrimos prazo de inscrición. Dende o luns 4 de xuño (inclusive) cubre a inscrición que lle daran no cole ao neno/a e levaa cuberta ao departamento de Cultura, ou… Ler máis »

Dez veciños e veciñas de Touro aprenden a manexar o desfibrilador

Fonte Díaz. 28/05/2018. Un total de dez veciños e veciñas de Touro aprenderon este fin de semana a manexar o desfibrilador. Durante toda a xornada do sábado os participantes coñeceron as nocións básicas sobre primeiros auxilios e, xa pola tarde, asistiron a un curso para aprender a manexar o desfibrilador, formación imprescindible en todos os… Ler máis »

Herdanzas, dereitos sucesorios, propiedades, etc

Queres saber máis sobre herdanzas, dereitos sucesorios, propiedades … Fademur ven darnos unha charla este venres día 13 as 19:30h. na Casa de Cultura. Participa

Un grupo de veciños e veciñas de Touro participaron no curso de cestería para recuperar a tradición dos vellos oficios

Un grupo de veciños e veciñas participaron no curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición. O curso foi impartido durante tres meses. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa que recupera… Ler máis »