Touro e a lenda da Raíña Lupa na traslación do corpo do Apóstolo

Non son moitos os datos dos que dispoñemos sobre este personaxe, a fonte principal proporciónanola o Codex Calixtinus, que no seu libro terceiro, onde se relata a translación apostólica, preséntanola co nome de Luparia. En canto á súa traxectoria vital, todas as fontes coinciden en presentala como un personaxe moi influente da época, que se converte ao cristianismo tras o episodio ocorrido co traslado dos restos do apóstolo Santiago a Compostela..

Seguindo o códice, tras a morte do apóstolo en Xerusalén, os seus discípulos apodéranse do corpo e en sete días chegan a Galicia, ao porto de Iria. Na procura dun lugar onde dar sepultura aos restos, é onde entra en escena a mítica RAÍÑA LUPA, como dona e señora dos terreos nos que os discípulos pretenden dar descanso ao apóstolo. As vicisitudes acaecidas para le-var a termo o seu propósito terán un desenlace inesperado coa conversión da gran dama ao cristianismo.

Así, os discípulos escaparán da emboscada preparada pola autoridade de Duio e volverán saír indemnes, tras o derrube dunha ponte na que perecen todos os seus perseguidore. Pero as artimañas da malvada dama continúan e enviaraos novamente a outra morte segura, dirixíndoos a un monte onde había un dragón que rebenta ao sinal da cruz e que pasará a denominarse Monte Sacro, desde o que divisan os bois prometidos que resultan ser touros bravos que se converten en dóciles ante a súa presenza. En recoñecemento de tales prodixios a poderosa señora convértese ao cristianismo, destruíndo ídolos e templos pagáns da súa propiedade para construír o sepulcro do apóstolo e unha igrexa.

A lenda da raíña Lupa na historia e no folklore, literatura ou cultura popular, ten moitos matices segundo as zonas, como per-sonaxe real e como moura, e Touro non é axeno a ela.

Tendo en conta o relato que fai o Liber Sancti Jacobi da transla-ción do corpo do apóstolo e as terras nas que suceden os cita-dos feitos, gobernadas pola raíña Lupa, cubriríase a parte histórica da lenda.

A cultura popular pon o resto, xa que ao parecer, unha vez cumprida a súa misión, a oca-sional mansedumbre dos touros transformouse no suá bravura orixinal, e nesa volta á súa con-dición natural parece ser que un deles foi visto por estas terras e de aí o nome do concello: TOURO.

Vemos así, aos protagonistas dunha das estrataxemas da raíña Lupa para deshacerse do incómodo séquito funerario, segundo o códice, dando orixe o nome actual do municipio.

Outras lendas relacionadas, como a que fai referencia aos buratos do Pico Sacro, segundo a cal habería unha comunicación subterránea entre esta cima e unha casa de Touro, e as mais delas, coa temática da moura, señora, princesa e denominacións afins.