Miradoiro

Coto de San Sebastián

Descubre

Touro Turismo al día – Galego

O aumento de peregrinos e visitantes en xeral durante a época estival favorece o incremento de actividades na programación sociocultural do Concello. Así, o proxecto Música no Camiño do Holandés - EuroVelo, celebrado o 27 de xullo, é unha noite para o intercambio cultural entre veciños, peregrinos e demais visitantes. Co obxectivo principal do recoñecemento, promoción e potenciación do Camiño, desde a concellería de Cultura e Turismo está a traballarse na elaboración das I XORNADAS DO CAMIÑO DO HOLANDÉS- EUROVELO, complementadas con outra serie de actividades pensadas para grandes e pequenos, como as Saídas Iniciáticas, Pedaladas polo Camiño, Doas e Cabaleiros do Camiño do Holandés, Xantar peregrino, Tradición Musical….. # TouroEsCamino.
Visítanos