Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Flora e fauna

Flora e Fauna - Ponte Basebe

Flora

A maior parte do concello está ocupada por montes, prados e terras de cultivo, ademais da estructura vexetal típica das ribeiras do ríos. Así, podemos clasificar as unidades de vexetación en diferentes tipos de formacións onde se distinguen os estratos arbóreo, arbustivo e herbáceo.

As distintas variedades de plantas que forman a flora do Concello de Touro é similar á dos outros concellos do interior de Galicia con

Entre as especies arbóreas de aproveitamento forestal temos:

O eucalipto, que está invadindo os nosos montes, pero que tamén se ve atacado polas pragas que lle comen as follas. Ultimamente estanse a facer repoboacións con especies máis resistentes como "o nítel", "o peludo" e outras especies bravas de inferior calidade.

Flora e Fauna - Touro

O carballo do país, que tamén se reproduce con facilidade en varios montes, pero que ultimamente non ten demasiada saída senón que sexa para leña de queimar ou que se trate de troncos dereitos e nos que se poida serrar. O prezo que se paga por el é moi baixo. Na actualidade as plantacións que se fan desta especie, son de "carballo americano" que medra máis rápido e máis dereito.

Fauna

A variedade faunística do concello de Touro é moi similar á que aparece no centro de Galicia. Esta fauna está influenciada por moitos factores, onde o máis determinante é o antrópico.

Entre os animais domésticos que se crían nas casas ou nas granxas para consumo humano ou para aproveitamento dos seus beneficios destacamos os seguintes: A vaca, o porco, a ovella, a galiña, o galo, o cabalo, o bu

Fauna e Flora

Entre as especies de caza temos o porco bravo, a perdiz, o coello, a lebre, o raposo, o cervatiño e poucos máis.

Entre as especies de pesca está a troita, o salmón e a anguía.

Entre a fauna salvaxe, que é menos aproveitable para o consumo humano pero que desempeña a súa función dentro do ciclo da natureza, temos que diferenciar dentro dos animais vertebrados: