A estrada principal que cruza o concello de Oeste a Leste é a comarcal AC240 que vai de Arzúa a Ponte Ulla.
Unha estrada local comunica as parroquias da marxe do Ulla coas demais, é a que vai de Vilar a Merés.
Outra estrada que pasa por Quión, vai dende o empalme de Santa Irene na estrada Santiago - Lugo e comunícase co Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) atravesando o río Ulla polo embalse de Portodemouros, ou pola antiga Ponte San Xusto que está un pouco máis abaixo do embalse. Pola parroquia de Vilar pasa a estrada que vai dende Ponteledesma a Santiago.
Existen dúas pontes sobre o río Ulla que comunican as terras do Concello de Touro coas de Vila de Cruces na provincia de Pontevedra. En Novefontes está a Ponte Basebe pola que pasa o chamado “Camiño Real” que vai desde Fonte Díaz e pasa pola parte máis elevada da parroquia de Fao. O outro enlace de comunicación, preto da parroquia de Ribeira é a Ponte Remesquide.