A festa de Nadal, comezouse a celebrar no concello no ano 1994, a raíz dunha iniciativa proposta pola área de cultura. Unha tradición tan arraigada e presente nas nosas costumes e que estaba a piques de perder a súa importancia. Así, por parte do concello propúxose recuperar dita tradición có apoio e axuda de tódolos veciños do concello que se celebra cada 5 de Xaneiro.
Ademais, no interior do pavillón e ocupando a metade da súa superficie, aparece representado o Belén Vivente, tradición que tamén se está a recuperar, representado por nenos e nenas do concello e realizado por empregados do concello e polos propios veciños.
Neste ambiente de festividade celébrase o tradicional festival de Nadal, onde as distintas agrupacións do concello agasallan ós Reis con pezas musica