Dita ruta vai transcorrer a través das parroquias de Touro, Fao, Cornado e Novefontes. A accesibilidade, na maior parte da ruta é boa, aínda que podemos atopar zonas con moito matorral que fan máis dificultosa a andaina.
Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 10 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:
Este é un recurso turístico que presenta un considerable grao de explotación, sobre todo, pola xente ou familiares de persoas residentes no concello que realizan este percorrido, así como polo nenos que estudian no colexio público do concello e que tódolos anos realizan o percorrido desta ruta.
A promoción desta ruta lévase a cabo a través de folletos promovidos polo concello e tamén pola revista anuari.
Descargar Ruta dos Tres Ríos (PR-G 121) [PDF]