Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Pazo de Dioño

O Pazo de Dioño, en Santiso, é unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, adega, etc. e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balo de pedra. 

Na entrada da casa está o escudo coas armas dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dannos unha idea da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados século pasado.

Pazo de Dioño

LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE

Localízase na parroquia de Cornado, na aldea de Dioño. Pódese acceder dende Touro a través da AC-240, pasando polas parroquias de Touro e Quión. Unha vez nesta última, cóllese a CP-0605, con dirección Turces. O pasar a aldea de A Muíña, aínda na parroquia de Quión e xa entrando en Andeade, tómase o primeiro desvío á dereita.

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS

Época, datación e estado de conservación.

Trátase dunha edificación do Século XVIII. O estado de conservación é bo, pois realizáronse nel obras de acondicionamento e conservación.


Descrición e características do recurso.  

O pazo atópase rodeado de bosques, prados e viñedos.

GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

Non presenta grado de explotación de ningún tipo, xa que, é unha residencia privada que non está adicada á actividade turística. O concello adicou unha das súas publicacións anuais a destacar a importancia das construcións antigas que aínda podemos encontrar no mesmo.

Como recurso turístico, o Pazo é considerado como un recurso moi importante, pero a súa condición de propiedade privada impide calquera tipo de explotación turística futura. Aínda así, é un recurso que merece a pena visitar, aínda que non se poida acceder ó seu interior.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo