Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Pazo de Mince

Localízase na parroquia de Prevediños, preto da aldea de Corneda, e situado no medio do casal. A el pódese acceder dende Touro a través da AC-240, pasando polas parroquias de Touro, Loxo, Bama, Fonte Rosas e Prevediños.

En Prevediños, débese seguir a carreteira ata un cruce, onde se debe seguir cara a dereita, cara a aldea de Corneda. Unha vez alí, cóllese outra pista a man dereita, que leva directamente o pazo.

Pazo de Mince

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS

Trátase dunha edificación do Século XVII, aínda que esta data non é totalmente segura, que presenta un regular estado de conservación. O seu asentamento no medio do casal é o único que fai máis salientable ó Pazo de Mince do resto das edificacións.

A planta é en "u", accedéndose o espazo enmarcado polas súas ás dende un lateral.

A capela, situada no remate das ás laterais, ten planta rectangular, apreciándose na súa dereita e pegado á parede un antigo forno. Dentro da mesma pódese admirar un precioso retablo bastante antigo, onde xa se aprecian signos de antigas restauracións. Existen tamén varios  santos de características especiais, entre os que se distinguen San Benito e San Xosé.

GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

O seu uso é de vivenda permanente, onde os donos realizaron unha serie de restauracións, concentradas sobre todo na vivenda e no seu entorno, así como a limpeza da pedra de armas e do lintel cá inscrición.

O Concello recoñece este Pazo como un dos edificios destacados e como recurso turístico a visitar. Aínda que como recurso turístico presenta unha gran atracción, é unha edificación privada.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo