Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Hórreo de Outeiro

Parroquia de Santa María de Loxo





O hórreo é quizais a construción máis orixinal, característica e coñecida da paisaxe cultural galega.

Funcionalmente podemos definila coma unha construción para o almacenamento e a conservación do millo ou outros produtos agrícolas. As súas características estruturais responden ás condicións de humidades ambiental e chuvia do Noroeste Peninsular, e á necesidade de evitaren a entrada de animais. Máis o hórreo posúe un forte valor simbólico presente nos seus elementos ornamentais, ao representar a casa dos propietarios e a súa capacidade produtiva

Atendendo á súa forma e materiais Manuel Caamaño Suarez clasifica estos hórreos como " hórreos mixtos, de pedra e madeira, con cámara rectangular, moi ancha e curta". Na comarca de Arzúa faise a diferenciación de hórreos e hórreas. As hórreas son de maior tamaño e, por tanto, a súa capacidade de almacenaxe é maior. Ao contrario que outros tipos de horreos, estes non teñen pés, senón que se elevan sobre un celeiro ou curia de cachotería que proporciona un espazo extra para a almacenaxe. No hórreo de Outeiro chama a atención o uso de laxes de xisto tanto na fachada como no tornarratos que percorre de xeito continuo a estrutura. O acceso ao interior faise mediante unha porta de madeira.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo