Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Petróglifo de Pena Furada

Parroquia de Santa Mariña de Circes





A arte rupestre, un dos elementos do patrimonio cultural de Galiza máis estudados, está composta por marcas artificiais e intencionais sobre a superficie da rocha; e engloba manifestacións producidas en contextos culturais e temporais diversos.

En Galiza, atopamos representacións sobre rocha que van dende o neolítico, a idade medieval/moderna e mesmo até a idade contemporánea.

Este petróglifo figuraba referenciado na documentación do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo - Ruza na súa axenda do ano 1953, aínda que estaba desaparecido. Foi localizado grazas ao Concello de Touro coa axuda dalgúns veciños e membros do Colectivo A Rula.

Os gravados distribúense por case toda a superficie dunha pena de lousa. O petróglifo conta como motivos principais máis de corenta coviñas de forma redondeada e ovoide, e unha cruz. As que vemos nesta rocha son posiblemente prehistóricas, e a cruz, pola súa factura, é posiblemente medieval ou de época moderna.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo