Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Área Recreativa de Brandelos

Parroquia de Santiago de Prevediños





A área recreativa de Brandelos, situada xunto ao río Brandelos, afluente do Ulla, é un espa­zo de referencia social, económica e cultural para a veciñanza do concello de Touro.

Xunto a carballeira e a antiga capela da Vir­xe da Purificación, construída sobre un ma­nancial de augas medicinais, celebrouse dende antigo un mercado ou feira mensual, documentada dende o século XVIII, e a Ro­maría da festa de Pascua. Dita Romaría era moi concorrida contando con misa, procesión, cantos, baile, lumes de artificio e monifates.

Galiza conta cunha tradición no uso e apro­veitamento das augas minero-medicinais de numerosos mananciais e burgas. As evidencias do seu uso lévannos dende época castrexa e romana até a actualidade.

As augas de Brandelos son do tipo sulfurosas frías. Estas augas conteñen moitas propieda­des que son desintoxicantes, antialérxicas e antirreumáticas.

Tradicionalmente empréganse por vía tópica e oral para problemas estomacais e de pel, aínda que tamén ten beneficios en procesos respiratorios crónicos, reumáticos e otorrino­laringolóxicos. Os veciños do concello lembránse da boa acollida que tiñan antiguamente entre os visi­tantes da comunidade.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo