Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Rueiro

Localización

A situación xeográfica do concello de Touro é de 42º51’5 Norte de Latitude, 8º18’5 Oeste de Lonxitude, e 316 metros sobre o nivel do mar.

Administrativamente, o concello de Touro forma parte da provincia de A Coruña, localizándose no sur da mesma. Pertence así mesmo, á comarca Azúana, que constitúe xunto cos concellos de Arzúa, Boimorto e O Pino.

Touro limita ó Norte co concello de O Pino; ó Leste con Arzúa; ó Oeste con Boqueixón e ó Sur co concello de Vila de Cruces, xa na provincia de Pontevedra e con río Ulla facendo de fronteira tanto natural como administrativa.

O municipio ten unha superficie de 115,3 kilómetros2 e unha poboación de 4.634 habitantes segundo datos do 2004. A súa densidade de poboación, polo tanto de 40,19 hab/km2(habitantes/kilómetro2).

Ó municipio pódese acceder a través da principal vía de comunicación que é a estrada AC-240, que cruza o concello de Nordeste a Sudoeste (de Arzúa a Ponte Ulla). A estrada máis importante e cércana ó concello é a C-547 que vai dende Santiago a Lugo.


Parroquias de Touro

Parroquias

A cabeceira municipal sitúase na parroquia de Touro, no lugar de Fonte Díaz. Ademais, Touro está constituído por 19 parroquias e 139 núcleos de poboación ou aldeas.
As aldeas que constitúen a localidade de Touro son: Andeade, Bama, Bendaña, Beseño, Calvos de Socamiño, Circes, Cornado, Enquerentes, Fao, Fontes Rosas, Foxás, Loxo, Novefontes, Prevediños, San Fiz de Quión, San Miguel de Vilar, San Pedro de Ribeira, Touro e Turces.


Rueiro da parroquia de Touro

Rueiro de Touro



Pode descargar unha versión en PDF lista para imprimir nos enlaces de abaixo.


Descargas relacionadas

Ligazóns relacionadas

Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo