Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

¿Cómo chegar?

A estrada principal que cruza o concello de Oeste a Leste é a comarcal AC240 que vai de Arzúa a Ponte Ulla.
Unha estrada local comunica as parroquias da marxe do Ulla coas demais, é a que vai de Vilar a Merés.

Outra estrada que pasa por Quión, vai dende o empalme de Santa Irene na estrada Santiago - Lugo e comunícase co Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) atravesando o río Ulla polo embalse de Portodemouros, ou pola antiga Ponte San Xusto que está un pouco máis abaixo do embalse. Pola parroquia de Vilar pasa a estrada que vai dende Ponteledesma a Santiago.

Existen dúas pontes sobre o río Ulla que comunican as terras do Concello de Touro coas de Vila de Cruces na provincia de Pontevedra. En Novefontes está a Ponte Basebe pola que pasa o chamado “Camiño Real” que vai desde Fonte Díaz e pasa pola parte máis elevada da parroquia de Fao.   O outro enlace de comunicación, preto da parroquia de Ribeira é a Ponte Remesquide que comunica con Santo Tomé de Obra (Vila de Cruces).


Ligazóns relacionadas


Ver mapa más grande
Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo