Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Entroido

O Entroido celébrase con ganas en toda a xeografía do concello de Touro, fomentando así, as antigas tradicións que pouco a pouco se seguen mantendo.

Tamén se fomenta esta actividade no Colexio  e escolas unitarias do concello, onde os nenos deseñan e realizan os seus propios disfraces, para poder despois desfilar con eles  no desfile que se celebra o venres antes do Entroido e que se realiza polas rúas do concello.



Xenerais Entroido


Sen dúbida, das parroquias do concello, as de Bama e Fao eran as que tiñan un Entroido máis sonado. Nestas dúas parroquias era onde se celebraba o Entroido con máis ganas, mantendo tradicións de moi longo, como a do discurso dos xenerais, que impresionaba polas súas rimas, as súas monturas, as vestimentas, e sobre todo, polos temas que trataban.

Sen embargo, dende hai uns anos, na parroquia de Fao está intentando recuperar ese Entroido tradicional, apoiado e fomentado polo concello. Neste Entroido, como no de antes, non falta de nada. Os actos sucédense durante toda a tarde do Martes de Entroido, último día do mesmo e día grande  para rematar a festa.

As actividades máis destacadas que se celebran neste Entroido de Fao son:

  •  Presentación do Entroido e das actividades que se van levar a cabo.
  • Discurso dos xenerais.
  • Actuación dunha charanga composta por veciños da parroquia.
  • Discurso e tradicional sermón do señor cura.
  • Sorteo dun poldro.
  • E por último o tradicional misa e enterro do Entroido ata o próximo ano.
Todas estas actividades realízanse no campo da festa de Fao, con gran afluencia de público, moito xente disfrazada e sobre todo moitas ganas de pasalo ben.


Na parroquia de Bama este ano retómase de novo con forza esta celebración  que terá lugar o día 23 de febrero no campo da festa. 

Tamén está tomando pulo nestes últimos anos a celebración da” Feira do Entroido” que terá lugar en Fonte Díaz , parroquia de Touro o día 5 de marzo.

Na actualidade esta festa foi declarada de interese turístico. 

www.xeneraisdaulla.com

Personaxes míticos do Entroido

Vello dos cornos


"Santo Entroido" é o principal protagonista da festa pagana de Martes de Entroido que se acostuma a celebrar na parroquia de Fao. O Entroido é un personaxe simpático, osado, que disfruta dos máximos praceres da vida, derrochador, que transmite ós demáis chispa, ledicia, ritmo, luxuria, abusos e pracer para os sentidos, en fin, representa ao pecado. 
Por iso esta festa estivo moitos anos prohibida pola Igrexa Católica  e despois do seu santo enterro, o martes de carnaval, deixa paso a Dona Coresma que sae vencedora ata o vindeiro ano despois do seu enfrontamento co Entroido.


Vello dos Cornos non é unha persoa real. Trátase tamén dun personaxe típico das máscaras de Martes de Entroido en Fao. Para disfrazarse de Vello dos Cornos había que buscar un home que cos seus ditos ocorrentes e chistosos soubera dar boas respostas aos demáis personaxes da comparsa carnavalesca (vellos, alcalde, frades, etc.) coa intención de facer rir á xente.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo