Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Magosto

O magosto é a festa típica do outono, que, como moitas outras, estaba a piques de desaparecer. Para que esto non sucedese, o concello promoveu a realización dun gran magosto popular, primeiro só no campo da festa de Touro, e logo, ampliando a súa realización ás parroquias.

Deste xeito, o concello proporciona unha gran cantidade de castañas que se reparten entre as parroquias que así o solicitan para celebrar, entre veciños, o magosto. En cada parroquia, os veciños celebran o magosto á súa maneira. O gran magosto do concello, sen embargo, segue a ser o que se celebra na parroquia de Touro.

Magosto


Alí, ó longo da tarde-noite, un gran número de persoas asiste á degustación dunha gran cantidade de castañas asadas acompañadas de viño. A festa está amenizada por grupos de gaitas do concello ou actuacións de fóra do concello que amenizan a festa.

Esta foi unha das festas populares que o concello quixo recuperar, favorecendo a súa realización a través do reparto das castañas, xunto cá degustación de pan e viño.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo