Ruta Turística da Santaia-Ponte Basebe

LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE

Dita ruta vai transcorrer a través das parroquias de Touro, Fao, Cornado e Novefontes. A accesibilidade, na maior parte da ruta é boa, aínda que podemos atopar zonas con moito matorral que fan máis dificultosa a andaina.

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS

Río

Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 10 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:

  • Área Recreativa da Santaia: é o punto de partida da ruta e unha zona de descanso e esparcemento destacada, así como todos os seus arredores.
  • Muíños da Carballa: aproximadamente atopámolos no kilómetro dous da ruta, tras unha andaina polo monte á beira do río. Estes muíños son moi destacados, xa que, foron rehabilitados recentemente.
  • Fervenza do Salto das Pombas: constitúe unha paraxe de incrible beleza, das máis importantes que atopamos no concello, situada aproximadamente no kilómetro catro da ruta e xa na parroquia de Cornado.
  • Ponte da Laña: no kilómetro oito, aproximadamente, onde podemos apreciar a beleza paisaxística que nos ofrece a desembocadura do río Lañas no Ulla.
  • Ponte Basebe: a carballeira e o remanso de auga do Ulla que nos atopamos ó finalizar a ruta turística, constitúe un dos lugares máis destacados en canto a zona turística do concello de Touro.

GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

Fervenza Salto da Pomba

Este é un recurso turístico que presenta un considerable grao de explotación, sobre todo, pola xente ou familiares de persoas residentes no concello que realizan este percorrido, así como polo nenos que estudian no colexio público do concello e que tódolos anos realizan o percorrido desta ruta.

A promoción desta ruta lévase a cabo a través de folletos promovidos polo concello e tamén pola revista anuario do mesmo. Tamén apareceu mencionada en prensa escrita e na páxina web da CRTVG que adica ó concello de Touro.


MAPA DA RUTA (PR-G 121)

MAPA DA RUTA (PR-G 121)




Descargas relacionadas

Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo