Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Pazo de Andeade

Pazo de Andeade

É o pazo máis coñecido da zona, cunha ermida do estilo barroco galego. Este pazo foi fundado a comezos do século XVIII por D. Pedro Antonio Verea e Pacheco que estaba casado con Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa.

Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro.

O Pazo de Andeade sitúase na parroquia do mesmo nome, e na aldea de Casa Grande. A el pódese acceder facilmente dende Touro, a través da AC-240, con dirección a Arzúa, pasando polas parroquias de Touro e Quión. Nesta última débese coller a CP-0605, con dirección Turces, que pasa por diante do Pazo.

A accesibilidade é boa, e o Pazo é visible dende a estrada. Tamén conta con unha boa iluminación.

Pazo de Andeade

LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE

A través da solaina pódese acceder, dende a casa ata a tribuna da capela, na que hai un fermoso e estilizado retablo barroco do Século XVIII.

No escudo da fachada distínguense as armas dos Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro.

Tanto exterior como interiormente presenta unha boa conservación, xa que, en 1995, foi remodelado e reconstruído.

GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

Presenta un gran grado de explotación, froito da posta en marcha, hai máis de dez anos, desta edificación como aloxamento turístico, gracias ó seu estado de conservación e a súa beleza, realzada non só pola edificación  senón tamén polos arredores. Foi unha actividade pioneira no concello, que non só se mantén actualmente, senón que sirve como exemplo para a apertura doutros aloxamentos.


Ligazóns relacionadas

Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo