Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Pazo Lobagueiras

Pazo de Lobagueiras


En Lobagueiras, na parroquia de Bendaña, xa no límite do concello de Touro co de Boqueixón, hai unha casa que algúns non catalogan como pazo, aínda que ten case tódolos elementos que o conforman. 

Na fachada da casona está o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal, que eran mariñeiros almirantes procedentes de Caldas de Reis.

LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE

Atópase no límite dos concellos de Touro e Vila de Cruces, só separados polo río Ulla. Sitúase na parroquia de Bendaña, na aldea do mesmo nome. Á casa accedese facilmente, podendo realizar o percorrido en coche. Dende Touro, cóllese a AC-240 que percorre o concello de Leste a Oeste, pasando polas parroquias de Touro, Fao, Ribeira, Foxás e Bendaña.

Pazo de Lobagueiras

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS

Época, datación e estado de conservación

Trátase dunha edificación do Século XVIII, que presenta un bo estado de conservación.

Descrición e características


O entorno no que se sitúa a Casa está conformado por labradio, viñedo e monte con distintas especies. Os aproximadamente 80 ferrados de que consta chegan ata o río.

Pazo de Lobagueiras

GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

Non presenta, actualmente moito grao de explotación A promoción desta Casa levouse a cabo a través dunha publicación, realizada polo concello, acerca dos pazos e casas grandes existentes no mesmo. Podería chegar a presentar unha boa posibilidade de explotación turística, tanto como establecemento de aloxamento, como recurso a visitar, debido a que é un exemplo de casa señorial típica da zona e moi ben conservada.


Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo