Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

Patrimonio histórico e cultural de Touro

Mapa de recursos do Concello de Touro

En Touro atopamos unha grande variedade de patrimonio histórico e cultural que presenta un moi bo estado de conservación, conxugando a beleza dos elementos co seu interese histórico e cultural.

Mapa de recursos do Concello de Touro


(Dispón dunha versión para descargar e imprimir ao fondo desta páxina)


Muíños

Os muíños representan unhas das construcións máis importantes, por canto na economía tradicional o gran foi o elemento primordial da alimentación da poboación galega durante séculos. Despois da incorporación do millo ó sistema de cultivo produciuse un enorme incremento na produción de cereal, que comportou a construción de gran número de muíños.

Pazos e Casas Grandes

O pazo é un tipo de casa tradicional galega, de carácter señorial, normalmente situada no campo, outrora residencia de persoas importantes da comunidade (antes, de reis ou nobres). Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e co sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidade de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida.

Fontes e Fervenzas

As fontes, antigamente, adoitaban ser públicas e por isto existía xeralmente algunha construción deste tipo en cada núcleo de poboación. Tamén existían fontes privadas que en caso de necesidade eran utilizadas por algunhas persoas.

As fontes públicas, chamábanse viveiros, adoitaban contar tamén cun pilón ou lavadoiro para lavar a roupa.

Hórreos

A palabra hórreo parece derivar da palabra latina  horreum, que significa almacén de gran, e de ahí, a utilización dos mesmos. Polo que respecta á arquitectura popular, os hórreos representan unhas das construcións máis importantes, por canto na economía tradicional o gran foi o elemento primordial da alimentación da poboación galega e do concello durante séculos.

Patrimonio relixioso

Cada parroquia que conforma o concello de Touro presenta unha Igrexa parroquial, con estruturas e características ben diferentes. Falar de Igrexas é falar, sen dúbida, de crenzas transmitidas ó longo de xeracións, de santos patróns e de grandes festas.  As Igrexas érguense como centro exclusivo e dominante da demarcación dun pobo, da súa orixe, a súa cultura e a súa tradición.

Cruceiros

A arquitectura relixiosa é moi importante e destacada no concello. Dentro desta arquitectura destacan sobre todo as igrexas, e en relación con elas, pódense clasificar os cruceiros.

As cruces de pedra pódense atopar nas encrucilladas dos camiños ou nos campos santos  e son un dos elementos máis representativos da paisaxe do concello e que destacan pola súa fermosura, calidade ou interese.

Descargas relacionadas

Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo