Miradoiro

Coto de San Sebastián

Descubre

Touro

Situado a menos de 30km da cidade de Santiago de Compostela atópase Touro, o enclave perfecto para perderse nas súas paraxes naturais, relaxarse e coñecer o seu patrimonio.
A auga teñen un papel protagonista no entorno e na súa paisaxe, fervenzas e rios discorren polo concello  co río Ulla e os bosques atlánticos de ribeira  como principal atractivo.
Non son moitos os datos que se coñecen de épocas pasadas, aínda así, podémonos atopar restos conservados de época megalítica e seguir as pegadas dos distintos poboamentos, castrexos e romanos que poden observarse, tanto no terreo como na toponimia.
A historia do municipio relacionada coa tradición Xacobea, (A Lenda da Raiña Lupa, o Pico Sacro e os bois que levaron o apostólo que resultan ser touros bravos) no traslado dos restos do Apóstolo a Santiago se relata como o apóstolo Santiago foi traslado á súa tumba grazas a uns bois bravos que milagrosamente amansaron, touros das terras que actualmente constitúen o concello.
Na actualidade A EuroVelo 3 “Ruta dos Peregrinos” que segue principalmente as pegadas do trazado do Camiño Francés a Santiago e utilizada principalmente por bicicletas discurre por este concello. Tamén o Tramo Histórico como variante  sostible entre as poboacións de Arzúa e Pedrouzo demostra a sua relación co Camiño a Compostela.
# TouroECamiño.
Visitanos