Igrexa de Santa María de Turces

Parroquia: Turces (Santa María)

Lugar: Turces 

Esta igrexa presenta unha planta rectangular e muros de cachotaría lucidos en branco. Destacan os elementos en cantaría que enmarcan portas, fiestras e esquinas. En especial, chaman a atención unha fornela que alberga unha imaxe da Virxe e unha espadana (campanario).

É interesante destacar que hai outras dúas parroquias dedicadas a Santa María que son as de Loxo e Bendaña. Pero solo as de Loxo e Turces celebran as súas festas patronais o 15 e agosto, ó igual que numerosos concellos galegos.

Cabe destacar que hai dous cruceiros preto, un no cemiterio parroquial e o outra fronte á igrexa.