Área de lecer de Grixó

Parroquia: Foxás (San Breixo)

Esta área de lecer, rodeada de vexetación e situada xunto a un antigo muíño restaurado, atópase na parroquia de Foxás, no lugar de Grixó. A súa proximidade ao río Ulla e á súa contorna natural convértena nun espazo ideal tanto para o descanso como para a pesca. Conta con servizos como bancos e mesas.

Está situada á beira dun regato que verte as súas augas no río Prevediños, afluente do Ulla. Está rodeada de vexetación autóctona, ofrecendo unha contorna tranquila e de gran valor natural.