Área recreativa A Santaia

Parroquia: Touro (San Xoán)

Lugar: A Santaia

Como chegar: desde Touro, a través da AC-240, pasando pola aldea da Santaia e collendo o primeiro desvío a man dereita (AC 0605) dirección Andeade e Calvos.

Esta área de recreo conta cun paseo fluvial que transcorre xunto a beira do río e atravésao dando acceso a un pequeno illote. Constitúe o punto de partida do Roteiro dos Tres Ríos (PR-G 121). Na área hai servizos de iluminación, bancos, mesas, grelladas e aparcamento. Na zona tamén nos atopamos cunha fervenza e un muíño, así como unha ampla extensión de carballeiras e bosque de ribeira.

QR-carteis Panel-PDF