Área recreativa Souto do Barco

Parroquia De Foxás, na aldea da Obra.

A área recreativa de Foxás-Souto atópase a beiras do río Ulla, o cal a fai destacar pola variedade de vexetación que alberga; desde as típicas especies de ribeira, o carballo ou outras non tan propias da contorna.

Ten moi boa accesibilidade, tanto a pé como en coche, e está acondicionada con bancos, mesas, grelladas, papeleiras e un paseo fluvial.

É unha zona ideal tanto para recreo como para pesca.

Atópase situada a escasos metros da área recreativa de Remesquide.

QR-carteis