Capela de Santa Cristina de Obra

Parroquia: Foxás (San Breixo)

Lugar: Obra

Nesta capela do século XVII, o 24 de xullo celébranse misas en honra de Santa Cristina. Ademais dos actos relixiosos, pódense desfrutar de diversas actuacións musicais no campo da festa próximo.

Santa Cristina foi unha mártir cristiá, filla dun gobernador romano, que foi perseguida por converterse ó cristianismo. Segundo a tradición, soportou grandes torturas e, ó rogar pola súa morte, foi atravesada por frechas.    A súa figura é venerada como un símbolo de valentía e devoción.