Capela de Santa Isabel
Parroquia: Beseño ( San Cristovo)
Lugar: Baiobre
A Capela de Santa Isabel de Beseño atópase nun entorno natural de gran beleza, destacando tanto polo seu bo estado de conservación como por un entorno natural de grande atractivo, cunha fonte preto e rodeada dunha frondosa carballeira que invita ó paseo e ó descanso ó aire libre.
Cada ano, coincidindo co segundo domingo de xullo, este lugar énchese de vida coa celebración dunha romaría tradicional. A xornada inclúe misas, música en directo e un ambiente festivo que xunta a veciños e visitantes.
Ademais, preto deste enclave pasa a EuroVelo 3, unha das grandes rutas ciclistas de Europa, o que converte esta capela nunha parada perfecta para os que desexan combinar natureza, patrimonio e cultura popular no seu camiño.
