Capela do Socorro
Parroquia: Prevediños
Lugar: Quintás
Esta sinxela capela dedicada á Virxe do Perpetuo Socorro é o eixe central das celebracións das festas máis importantes da parroquia de Prevediños. Estas festas celébranse cada ano durante varios días coincidindo co cuarto domingo de agosto.
A Virxe do Perpetuo Socorro simboliza a protección divina e o consolo ante o sufrimento. Soe representarse co neno Xesús no colo que se lle cae unha sandalia, acompañada dos arcanxos S. Miguel e San Gabriel portando elementos da paixón(cruz, cravos, …)
Preto desta capela podemos ver de lonxe ó exterior do Pazo de Mince, visitar a fervenza de Mince, a igrexa de Santiago de Prevediños ou a área recreativa de Brandelos entre outros recursos.
