Dólmen da Cruz de Méndez

No lugar de Cruz de Méndez localízase unha necrópole formada por cinco mámoas. Dunha delas son visíbeis dous dos ortostatos (lousas verticais) que conformaban as paredes da cámara do monumento funerario.

Coordenadas: 42° 52′ 04.3″N 8° 19′ 05.5″W
Información
Estas antas forman parte do conxunto de restos arqueolóxicos funerarios identificados no Concello de Touro, entre os que se contan os seguintes:

Mámoas do Cotiño: Necrópole con oito mámoas.

Mámoas do Cotón da Raíña: Necrópole con dous túmulos.

As Medorras: Necrópole con cinco túmulos.

Medorras do Coto: Necrópole con seis mámoas.

Medorras do Sucoto: Necrópole con dous túmulos.

Mámoas da Zanca: Necrópole con dous enterramentos.

QR-carteis