Ruta temática do Ulla
Inicio: Pozo do Pego (42º 52′ 10.1′ N – 8º 18’15.3′ W)
Fin: Área recreativa do Souto do Barco (42°49’54.1’N – 8°20’40.3’W)
Este roteiro empeza en Pozo do Pego e continúa pola ribeira do río Ulla, o río máis longo e caudaloso de Galicia despois do Miño. A través deste roteiro, dáse a coñecer a riqueza da contorna natural que rodea o transcurso do devandito río polas provincias da Coruña e Pontevedra.
O roteiro temático non só destaca a incrible biodiversidade de flora – freixo, bidueiro, salgueiro, dedaleras, dentes de león… – e fauna – lagarto verdinegro, londra, lavandeira, ra verde… – senón tamén o patrimonio cultural e as tradicións propias da zona.
Para profundar neste coñecemento, o roteiro conta con diferentes paneis informativos sobre o entoo natural e a importancia da súa conservación, os elementos patrimoniais que se poden atopar no camiño e os usos e costumes tradicionais estendidos ao longo do río Ulla.