Eurovelo3 (Pilgrims Route)

O Eurovelo 3, tamén chamada “Ruta dos Peregrinos”, ofrécenos a oportunidade de gozar de ao redor de 3.600 km en bicicleta.

Este roteiro de cicloturismo de longa distancia atópase dentro da rede de rutas EuroVelo, que conectan e unen todo o continente europeo desde Noruega a través de cidades Patrimonio Mundial. Tamén hai que ter presente que os roteiros poden ser utilizadas tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios.

Dentro da EV3-PR (roteiro 3), é na última etapa, na Sección 19 entre Melide e Santiago de Compostela, na que nos esperan 66 marabillosos quilómetros nos que, partindo de Melide (comarca de Ulloa), teremos oportunidade de coñecer unha das xoias da arquitectura civil do Camiño Francés: a ponte medieval de Furelos.

Posteriormente, alcanzaremos a poboación de Arzúa, unha das máis coñecidas capitais do queixo de Galicia. A través do coñecido “Roteiro do Holandés”, accedendo pola estrada comarcal AC-240, pasaremos por Touro e Boqueixón para dar finalmente a benvida á capital compostelá desde a ‘Cidade da Cultura’. É aquí, en Santiago de Compostela, onde as propias torres da Catedral farannos de guía natural para que podamos alcanzar a coñecida Praza do Obradoiro.

Así pois, este roteiro pasa través das rexións de España de Navarra, Castela e León e Galicia. Segue, principalmente, os pasos do clásico trazado do Camiño de Santiago Francés ao seu paso por Navarra, A Rioxa, Castela e León e Galicia.

Trátase dun variado percorrido que se inicia no frondoso Pirineo Navarro para descender ata o río Ebro e penetrarse nas extensas planicies agrícolas da chamada “Terra de Campos” castellanoleonesa, para despois subir aos montes do Bierzo leonés e terminar accedendo aos bosques galegos que nos guiarán ata Santiago de Compostela.

Pódeche interesar
Consultar

Ligazóns de interese