Fervenza de Santa Marta
COORDENADAS: 42º50’54.722″N 8º12’57.724″W
Atopámola no lugar denominado como Santa Marta, na parroquia de Turces.
Sitúada no limite natural dos concellos de Touro e Arzúa, esta fervenza presenta unha caída de auga duns 30 metros aproximadamente concentrados nun só rego fluvial.
O entorno no que se empraza está conformado principalmente por vexetación de ribeira e tamén de frondosas.