Fervenza do Inferniño

Parroquia: Fao (Santa Uxía)
42°49’54.5″N 8°17’39.7″W
Esta fervenza está situada nun dos pequenos afluentes do río Ulla, rodeada dunha paisaxe natural de gran interese formado por montes, vexetación de ribeira e matogueiras, así como por prados destinados á gandería.
Constitúe unha das paradas fundamentais do roteiro PR-G 93, de Ribeira do Ulla, na que tamén se pode gozar doutros elementos de gran interese dentro do patrimonio natural.

 

Tamen che pode interesar