
Fervenza do Salto das Pombas
COORDENADAS: 42º51’7.042″N 8º16’45.098″W
Está situada no río Lañas, afluente do Ulla que percorre o concello de Touro de norte a sur, salvando este forte desnivel no seu tramo final, onde forma varios rápidos e fervenzas.
A máis alta presenta unha caída de auga duns 10 metros encaixada entre rochas metamórficas, fundindo a súa bravura nunha poza de augas mansas e transparentes e situada na PR-G 121.