Igrexa de Santiago de Novefontes

Parroquia: Novefontes (Santiago)

Lugar: O Campo – 15822 Touro

Igrexa parroquial do século XVIII de estilo barroco. A orixe do seu nome, Novefontes, está estreitamente relacionado coa abundancia de fontes e mananciais naturais nesta parroquia de Touro. Trátase dunha construción a base de sillería e cachotería de granito revogadas. A portada está ornamentada con molduras e o corpo de campás con vans de medio punto. A arquitectura barroca pretende outorgar ás súas estruturas dinamismo e movemento a través do uso de ondulaciones en muros interiores e fachadas, así como nas columnas. A planta do templo é rectangular, dunha soa nave e cunha cabeceira pronunciada. No interior destaca o presbiterio con arco triunfal de medio punto sobre pilastras. Remata o edificio un cupulín decorado con volutas e un pináculo, ornamentación característica da arte barroco tan estendido no rural galego.