Igrexa de San Breixo de Foxás

Parroquia: Foxás (San Breixo)

Lugar: A Eirexe

A igrexa parroquial de Foxás é de estilo barroco do século XVIII. Ten planta rectangular e un presbiterio cadrado que resalta dentro do conxunto. As paredes de granito lucidas pintadas de branco, excepto a fachada e a torre campanario que manteñen o acabado en pedra. Por riba da portada hai unha fornela coa imaxe do patrón.

San Breixo, patrón da parroquia, foi un mártir do século III venerado en Galicia e Portugal. A súa festa celébrase o 1 de outubro, e o seu culto data dende o século IX. Na arte represéntase frecuentemente cunha túnica ou como clérigo, lembrando sempre o seu papel de mártir e guía espiritual.

Aínda que non é a única festa importante da parroquia, a romaría de San Breixo é a celebración relixiosa máis importante, non solo para Foxás senón para todo o concello. No pasado era habitual que as familias reuníranse para comer baixo ós carballos que había no campo da festa.

A igrexa non era solo famosa pola romaría, o seu campanario contaba cunha campá de gran tamaño con mecanismo de reloxo, que facía soar as horas e se podía escoitar a varios quilómetros, que actualmente atópase no local social.

Na parroquia tamén hai pequenas capelas, como a de Santa Cristina en Obra onde se celebra unha festa na honra o 24 de xullo e outra capela dedicada a San Xosé en Grixó.