Igrexa de San Xoan de Fonte Rosas

Parroquia: Fontes Rosas (San Xoán)

Lugar: A Cimadevila

A igrexa presenta unha planta rectangular e presenta muros de cachotaría revocados en branco con marcos de portas e ventás, así como esquinais en cantaría de granito. O conxunto remata cunha torre campanario en forma de espadana dun só oco.

O patrón da parroquia é San Xoán Bautista, que dedicouse a predicar a conversión, bautizando no río Xordán. É recordado sobre todo por bautizar a Xesús, recoñecéndoo como o Fillo de Deus. Considerado o último profeta do Antigo Testamento e o primeiro Santo do Novo, morreu mártir decapitado por orde de Herodes Antipas. A Igrexa celébrao como precursor de Cristo, cunha festa o día do seu nacemento, algo pouco habitual na liturxia cristiá.

A noite de San Xoán, que se celebra a noite anterior ó 24 de xuño, ten unha fonda tradición en Galicia. Coincide coa noite máis curta do ano e arredor dela desenvólvense numerosas actividades populares, como as sardiñadas, saltar as fogueiras ou recoller plantas silvestres( herbas de San Xoán). Nesta celebración mestúranse a devoción relixiosa con rituais pagáns ligados ao solsticio de verán.

Nas inmediacións da igrexa atópanse o cemiterio parroquial, un cruceiro e unha fonte situada no atrio posterior. Moi preto tamén se poden visitar outros puntos de interese como o Hórreo de Outeiro, a Fervenza de Batán ou o miradoiro do Coto de San Sebastián.