Igrexa de Santa María de Loxo

Parroquia: Loxo (Santa María)

Lugar: A Eirexe – 15822 Touro

Esta igrexa parroquial, de estilo barroco, é un exemplo representativo da arquitectura relixiosa presente neste concello. Un dos seus elementos máis chamativos é o campanario, situado nun lateral da fachada, de estilo barroco compostelán que lle da un carácter singular ao conxunto.

O entorno da igrexa tamén merece unha visita, xunto ao templo atópase un cruceiro e unha sobreira de gran tamaño, que podería estar incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Ademais, na mesma parroquia,pódense visitar outros recursos de interese como o hórreo de Outeiro ou o miradoiro do Coto de San Sebastián dende onde se obteñen magníficas vistas da paisaxe.

É interesante destacar que son moitas as parroquias galegas dedicadas a Santa María, polo que numerosos concellos celebran o 15 de agosto as súas festas patronais. No caso do concello de Touro, esta festividade celébrase non só na parroquia de Loxo, senón tamén nas de Bendaña e Turces.