Igrexa de Santiago de Novefontes

Parroquia: Novefontes (Santiago)

Lugar: A Eirexa- 15822 Touro

A igrexa parroquial de Novefontes, construída no século XVIII, é un edificio de cantaría e cachotaría de granito revocado. Presenta unha planta rectangular dunha soa nave e cunha cabeceira destacada. Un dos elementos máis representativos do templo é o seu campanario, vinculado coas formas propias do barroco compostelán. No interior, sobresae o presbiterio que ocupa un lugar central no espazo litúrxico.

O nome de Novefontes, está directamente relacionado coa abundancia de mananciais e fontes naturais presentes na zona. Este topónimo, dálle unha identidade única ao lugar, xa que non é habitual na toponimia galega.

Ademais preto deste recurso está Ponte Basebe, punto de inicio e final de dous dos roteiros de senderismo máis importantes de Touro, coma son a PR-G 93 Ruta da Ribeira da Ulla e a PR-G 121 Ruta dos Tres ríos.