Igrexa de Santiago de Prevediños

Parroquia: Prevediños (Santiago)

Lugar: Quintás – 15822 Touro

A igrexa de Santiago de Prevediños, construída no século XVII, é un bo exemplo de estilo barroco. A súa planta é dunha soa nave rectangular, cunha cabeceira cadrada que se eleva sobre o resto do edificio. O conxunto complétase cun campanario esvelto, característico do barroco compostelán.

Está construída con cantaría e cachotería de granito, recuberta con revoco. Un dos elementos máis destacados é a súa portada, onde se atopo unha fornela cunha imaxe de Santiago Peregrino.

O interior do templo foi renovado recentemente, o que permitiu mantelo en bo estado de conservación. Sen embargo, so se pode visitar en horario de misa.
Ademais, esta igrexa pode ser un bo punto de partida para descubrir outros lugares próximos, como a Fervenza de Mince ou a área recreativa de Brandelos.