Igrexa de Santiso de Cornado

Parroquia: Cornado (Santiso)
Lugar: Santiso

Esta igrexa parroquial do século XVIII é de estilo Barroco construída en cachotaría e cantaría de granito, con paredes revocadas e lucidas en branco. A excepción de portas, fiestras, esquinais e a torre campanario que mantén o seu acabado orixinal en pedra. A torre campanario segue o estilo do barroco compostelán, destacando polo seu deseño e ornamentación.

Este templo está dedicado a San Tirso, que foi un mártir cristián do século III d.C. que foi martirizado por negarse a renunciar a súa fe cristiá. Segundo a tradición, sofreu diversas torturas ata que foi decapitado. Na arte, soe representarse como un xove portando a palma de martirio ou unha espada, símbolo da súa decapitación. A súa figura representa a firmeza na fe, nalgúns lugares se lle invoca como protector contra as tormentas e enfermidades.

As festas patronais desta parroquia celébranse habitualmente o 28 e 29 de xaneiro, aínda que as festas que teñen maior importancia son as de San Ramón que empezan o 31 de xullo. Outra festa a destacar pero con carácter gastronómico é a festa dos Rixóns en Pota de Ferro que se celebra o 1 de novembro.

Ademais desta igrexa no seu entorno hai outros recursos destacados como o Pazo e o Pombal de Dioño que aínda que son propiedades privadas pódense ver xa dende a mesma estrada, podendo ver tamén no camiño unha fonte e un lavadoiro tradicional.