Mural “Peregrina”
Autora: MAPECO (María Peña Coto)
Ano de realización: 2026
Ubicación: edificio ó lado da Casa do Concello de Touro.
Este mural adicado ó Camiño de Santiago, en concreto ó Camiño do Holandés, que é unha derivación do Camiño Francés pensada para peregrinos que realizan a súa peregrinación en bicicleta. O seu trazado sería a orixe da actual Eurovelo 3, que distínguese por pasar por Touro cara Santiago de Compostela.
Este roteiro foi popularizado fai máis de 20 anos por Clemens Sweerman coa publicación dunha guía para peregrinos neerlandeses que facían o camiño en bicicleta, que como podemos ver no mural, a peregrina estaría consultando un exemplar do mesmo.
Ademais do exemplar desta guía, podemos ver como a nosa peregrina porta outros elementos vinculados ó Camiño, coma son a cuncha de vieira colgada na bicicleta ou a tatuaxe de frechas.
Outros elementos coma a bandada de estorniños representaría, segundo a artista, a liberdade e a transformación. A sensación de movemento representado polos 2 brazos esquerdos da protagonista ou a de acompañamento que viría dada pola man que sae do plano que se apoia no seu ombro esquerdo.
