Mural “Touro”
Autora: Ana Santiso
Ano de realización: 2016
Ubicación: Escaleiras dentro do Concello de Touro
Ana Santiso invita ó espectador a descubrir cada detalle dunha paisaxe. Unha paisaxe recoñecible para veciños e visitantes na que, se prestamos atención podemos ver pequenos escenarios da vida que teñen ó río como eixo de unión.
Están representadas dúas festas importantes, como son a romaría do Coto de San Sebastián ou o Entroido, aínda que celébranse en momentos diferentes do ano aquí comparten protagonismo.
Máis afastados, camiño á igrexa de Santa María de Loxo podemos ver unha escena de vida cotiá xa que cara a mesma vai unha comitiva fúnebre e un grupo de veciños cs seus apeiros de labranza.
Dentro da composición o maior peso é dos elementos naturais, os dous animais situados en primeiro plano, unha garza real e un raposo. Tamén os puntos xeográficos da paisaxe de referencia coma o Couto de San Sebastián ou o río que é o eixo focal da obra
