
Petroglifo de Pena Furada
Parroquia de Circes (Santa Mariña)
15828, Touro
Xacemento arqueolóxico que data da etapa final do Neolítico e a Idade de Bronce. Foi localizado no ano 2017 no Monte de Pena Furada, e aínda que é o primeiro petróglifo achado en Touro, a poboación local xa coñecía a súa existencia (de aí o topónimo do lugar).
Os gravados rupestres distribúense por toda a superficie dunha roca de laxa de aproximadamente 2 metros de longo por 1 metro de ancho, situada case ao nivel do chan. Os motivos decorativos principais son máis de 40 ocos ou pequenas covas e cazoletas con formas redondeadas e ovaladas e unha cruz, posiblemente de orixe medieval ou moderna. As dimensións dos gravados oscilan entre 2 e 12 cm de diámetro e a súa profundidade, entre 1 e 3 cm. As covas do centro son máis anchas e de maiores dimensións que as dos extremos e algunhas delas están unidas por un suco.
O petróglifo de Pena Furada ten un gran valor debido a que na comarca hai pouca presenza de arte rupestre.
O arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza documentou no seu diario en 1953 este petróglifo. Anos despois, situouse grazas ao Concello de Touro coa axuda dalgúns veciños e membros do Colectivo A Rula.