Ponte Remesquide

Enclave situado no lugar e Área Recreativa do mesmo nome pertence á parroquia de Ribeira, lugar peculiar composto por varios elementos que non nos deixarán indiferentes.
A ponte antiga de madeira sobre pilastras de pedra –hoxe rehabilitada- e a moderna, inaugurada no ano 1995, dan nome a este
lugar. Xunto coa ponte Basebe, sita na parroquia de Novefontes, constitúen as dúas vías de unión do Concello de Touro coa
veciña provincia de Pontevedra, a través do concello de Vila de Cruces.
Atopámonos no inicio da ruta de sendeirismo “De ponte a ponte”, senda lineal de 8,5 kilometros sin sinalizar, que percorre as parroquias de Ribeira, Foxás, Bendaña e Ledesma e que presenta zonas de gran beleza paisaxística fluvial e botánica, predominando especies de ribeira, sempre mesturadas con especies autóctonas como carballo, castiñeiro e loureiro, que favorece a biodiversidade botánica da zona. Este espazo está integrado na “Rede Natura 2000”, no que podemos atoparnos con especies únicas como “Náidade (Margaritifera margaritifera)” e a “Toupa de río (Galemys pyrenaicus)”.
A escasos 700 metros destas pontes atopamos a Área Recreativa “Souto do barco”, outra das Áreas Recreativas de gran beleza da ribeira do Ulla.

O contorno resulta ideal como zona de recreo.

Panel-PDF